Nó – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Categoría:

Elemento estrutural da intriga situado no medio da obra que implica o desenvolvemento dos distintos fíos causais do argumento e o desencadeamento da acción. Na dramaturxia clásica, o nó implica os conflitos que obstrúen a acción, fronte ao desenlace, que os liberaría coa súa resolución. Neste sentido, para Aristóteles, o nó implica o centro da orde lóxica do argumento, pois vén definido como aquilo que é causado por algo (o comezo) e que á súa vez causa outra cousa (o desenlace).

Relacionado con