Ritmo dramático – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ritmo dramático

Categoría:

Recorrencia periódica a intervalos espaciados de recursos vencellados coa construción da trama e que implican a tensión ou a distensión na dosificación da intriga de xeito que se vai configurando a fábula.

Afonso Becerra distingue entre ritmo dramático e ritmo dramatúrxico. O ritmo dramático é para el o que ten que ver coa tensión e distensión vinculada coa repetición de elementos estritamente argumentais, de xeito que teñen unha utilidade vencellada coa atención e comprensión da historia (“creación de expectativas, puntos climáticos, resolucións, secuencias ou momentos fortes e secuencias ou momentos febles e a súa flutación no decurso temporal”).

 

Relacionado con