Directamente tomado do grego διήγησις, co significado de “relato”, o termo pasa a denominar o acto de contar e, por extensión, a ficción.
Xa que a teoría literaria identificou desde Platón a diéxese coa narración, algo que recolle Aristóteles na súa Poética, identifícase habitualmente coa historia ou fábula, contraposta ao discurso que implicaría o emprego dunha instancia enunciativa mediata para dar forma creativa á diéxese.