Epílogo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Epílogo

Categoría:

Parte final dunha obra que pode servir de resumo, recapitulación ou conclusión da mesma.

Pode acontecer que esta parte derradeira conteña unha lección e que estea a medio camiño entre a ficción e a función social da peza, coa finalidade de que o espectador tire as súas propias conclusións ou elabore un xuízo do que acaba de ver. Nalgunhas tradicións literarias, coma na época grecolatina, podía consistir nunha apelación ao espectador para solicitar benevolencia e unha boa acollida do esforzo feito. Deste xeito, o epílogo pode conter aspectos moralizantes, didácticos, morais ou ideolóxicos.

Relacionado con