Escenoloxía – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Escenoloxía

Categoría:

Disciplina que estuda a posta en escena. Este termo, que aparece no século XX, ilustra o desexo e a vontade por recoñecer unha arte autónoma e a lexitimación do seu carácter científico e técnico a través dunha metodoloxía e dunha área de coñecemento propias. Esta disciplina terá como obxecto de estudo os procedementos e competencias de todas as profesións que concorren no feito escénico, coma a escenografía, a interpretación, a dramaturxia, o deseño de iluminación, a indumentaria, a caracterización, a dirección actoral, etc. Tamén forman parte do seu ámbito de análise e investigación as relacións doutras artes ou manifestacións culturais coa escenificación. Cando se trata de formas non occidentais, é dicir da relación entre manifestacións de carácter antropolóxico, ritual, etc. de culturas non occidentais e a posta en escena, podemos empregar o termo de etnoescenoloxía.

Relacionado con