Encyclopedia – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Estaribel

Plataforma elevada para realizar unha representación na rúa ou nun espazo público.

Estásimo

Parte do “canto coral”, á súa vez parte estrutural da traxedia, canda o prólogo, o episodio e o éxodo.

Estética da furgoneta

Vid. Itinerancia

Estética teatral

Disciplina que estuda a relación entre os tradicionais conceptos de beleza ou pracer e o teatro e as artes escénicas. A estética teatral, por tanto, refírese aos fundamentos filosóficos para o estabelecemento do valor das artes escénicas, e a súa evolución histórica.

Estrañamento

Vid. Distanciamento, Efecto de