Estásimo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Estásimo

Categoría:

Segundo Aristóteles na súa Poética, é unha parte do “canto coral”, á súa vez parte estrutural da traxedia, canda o prólogo, o episodio e o éxodo. Para o Estaxirita, o estásimo é unha intervención do coro que carece de troqueo e anapesto, pero en realidade, a diferenza a respecto do párodo, o outro tipo de canto coral, é a súa posición, pois este sería a primeira intervención do coro, mentres que os estásimos serían as restantes, nun número de tres a cinco, e estruturalmente empregados para separar cada episodio. Nos estásimos está presente o contido ideolóxico, filosófico e político da peza, e neles non habería danza.

 

Relacionado con