Horror – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Horror

Categoría:

Na Poética de Aristóteles, é, canda a mágoa, unha das emocións que se purgan a través da experiencia estética da traxedia, dando lugar á catarse.

Aristóteles emprega no capítulo XIII da súa Poética o termo fobos (Φóβoς) que significa “medo” ou “pánico” e que se traduciu ao galego como “horror”. Trátase do temor causado perante o mal inevitábel que dá lugar á reflexión sobre o destino e o azar que nos afectan a nós e aos nosos amosando o mal como condición vital.  O horror implica unha capacidade para a apropiación dos sentimentos e motivacións do heroe que conduce, xunto coa mágoa, á identificación con el e, por tanto, á purificación da alma a través do recoñecemento catártico desas paixóns.

 

Relacionado con