Hamartía – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Hamartía

Categoría:

Na traxedia grega, erro ou ignorancia do heroe, que provoca a catástrofe.

Como indica Fernando González Muñoz na edición crítica galega da Poética de Aristóteles, a hamartía recibe unha cualificación moral a metade de camiño entre o infortunio debido ao azar e a inxustiza promovida polas paixóns ou a perversidade”. Tamén engade que cumpre “dúas importantes funcións: no eido da caracterización sitúa o heroe no espazo ético intermedio entre a intelixencia moral e a maldade; no da composición argumental actúa a miúdo como soporte do recoñecemento, aínda que non soe formar parte da acción representada.”

Relacionado con