Histrión – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Histrión

Categoría:

Este vocábulo era empregado na Antigüidade para referirse aos actores de teatro. Posteriormente, empregouse para nomear os saltimbanquis e artistas populares de rúa, especialmente na Toscana italiana, pois a voz dialectal etrusca hister significa “prestidixitador, actor disfrazado ou saltador”. En época máis recente, emprégase de maneira despectiva para cualificar aqueles intérpretes teatrais que realizan un traballo excesivamente afectado ou esaxeradamente declamado.

Relacionado con