Estrutura dos teatros, antigamente de madeira e na actualidade de metal, por debaixo do teito do escenario, para soportar os equipos e os sistemas de suspensión das escenografías.
Nalgúns teatros é posíbel que o persoal técnico poida transitar entre as vigas da grella, sobre todo cando se instala entre os perfís unha estrutura en forma de reixa chamada Tramex, que tamén permite colocar un tiro dende calquera punto do escenario para pendurar algún elemento. En grandes teatros pode haber dúas grellas, con suficiente separación entre ambas.
Existen dous tipos de grellas dependendo da colocación dos perfís con respecto á embocadura do teatro. Se son perpendiculares, denomínase “grella á inglesa”, se son paralelos á embocadura, recibirá o nome de “grella á italiana”.