Intermedio – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Intermedio

Categoría:
  1. Pausa ou descanso no medio dunha representación escénica.
  2. Peza breve intercalada entre os actos dunha peza, coma o interludio, e que pode gardar certo tipo de relación coa trama ou cos asuntos tratados nela. Normalmente, os intermedios teñen un carácter lixeiro e de divertimento, empregando música, baile ou canto, como pode ser o caso dos minuetos intercalados na representación das comedias de Molière na Francia de Luis XIV. Cando é unha composición estritamente musical coma as de Purcell, recibe o nome específico de intermedio musical.

Relacionado con