Interludio – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Interludio

Categoría:

Peza dramática curta, normalmente de carácter lúdico, introducida entre dous actos e que serve de distensión ou descanso da obra meirande na cal se intercala.

Xohán Xabier Baldomir tamén amplía o alcance desta acepción a “calquera interrupción da acción dunha escena producida mediante unha presentación verbal ou xesticular” e apunta como exemplo a acción da escena escindida en María Rosa (1921), de Gonzalo López Abente. En calquera caso, a función maioritaria deste tipo de pezas xeralmente cómicas ou musicais era a de servir de entreacto para entreter ao público durante a pausa e os posíbeis cambios escenográficos que poida haber na peza principal.

O interludio moral era un tipo específico de peza breve que se desenvolveu no S. XVI a partir das moralidade e da finalidade pedagóxica destas, así como do emprego de personaxes alegóricos.

Relacionado con