Na ópera e na zarzuela, composición breve ou entretemento dramático cunha duración aproximada de quince minutos entre os actos. Pode funcionar como obra curta independente de igual modo. Un exemplo paradigmático neste sentido é La serva padrona de Pergolesi (1733), que impulsou o cultivo e desenvolvemento da ópera buffa en Italia e da ópera cómica en Francia.