Orquestra – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Orquestra

Categoría:

Do grego ὀρχήστρα, co significado de “lugar para bailar”, designa a área circular do theatron onde se sitúa a thymelé ou altar para o culto a Dionisos e onde actuaba o coro. Está situada á mesma altura que a skene e rodeada pola grada na que se sitúa o público, delimitada nas primeiras ringleiras polos prohedria ou asentos para notábeis.

A través do termo latino orchaestra, chega a nós coma “orquestra”, referíndose tanto ao lugar do teatro situado na súa parte máis baixa (tradicionalmente onde se situaban os músicos) coma ao conxunto musical de diversos instrumentos e os seus executantes.

Relacionado con