Canción introducida como mecanismo de distanciamento no Teatro Épico de Bertodl Brecht. É un recurso iniciado coa Ópera de a patacón (1928) consistente nun canto grotesco, non “harmonioso”, de ritmo sincopado e que tende máis á voz falada cá voz cantada en sentido clásico.