Cadro vivo – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Cadro vivo

Categoría:

Habitualmente coñecido polo termo francés tableau vivant, é unha fórmula visual, que fai referencia a un tipo de composición escénica polo cal os actores e actrices fican estáticos e sen falar, reproducindo unha estampa case coma unha fotografía. Este tipo de composición tivo moito interese e desenvolvemento no século XIX e coas vangardas e o auxe do teatro físico cobrou moito protagonismo, pois as figuras estatuarias e a posibilidade de crear cadros progresivos e certa fantochización dos individuos representados foron unha posibilidade de moito gusto para moitos directores de escena que pretendían empregar este recurso expresivo como xeito de simbolizar ou resumir conceptos e cousificacións dos personaxes.

Relacionado con