Marco disciplinar amplo e heteroxéneo que alberga as diferentes disciplinas de coñecemento arredor das artes escénicas nas dimensións teórica, tecnolóxica, metodolóxica e práctica, así coma as disciplinas artístico-escénicas propiamente ditas. Pode identificarse cos Estudos teatrais.
Para saber máis: Vieites, Manuel F. (2004) “O teatro como obxecto de coñecemento e investigación”, en O teatro, Vigo, Galaxia, páxs. 53-61.