Theologeion – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Theologeion

Categoría:

Parte do teatro grego situada no primeiro nivel da skené e que estaría reservada para a presenza de personaxes que representasen a divinidades.

Etimoloxicamente, o termo fai referencia ao coñecemento (logos) dos deuses (theo), é dicir, o lugar onde se coñecerá o pensamento e os saberes dos deuses. Ao ser un espazo máis elevado, estes personaxes terían un protagonismo visual maior cós demais. Isto é froito da relevancia e da convencionalización de moitos aspectos visual e estéticos que forman parte das regras morais e ideolóxicas na arte teatral da Antiga Grecia, como por exemplo os coturnos escondidos debaixo da tea das togas nos personaxes heroicos, que aumentaban a súa estatura e solemnidade.

Relacionado con