Transdución – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Transdución

Categoría:

Proceso de transformación dun tipo de texto noutro expresado a través duns signos de natureza diferente do primeiro.

En todo proceso de transdución existe a creación dun texto novo que trata de expresar o mesmo sentido global ca o texto de partida, mais empregando signos de distinto tipo. Este último aspecto é o que diferencia a transdución da tradución.

Un exemplo de transdución é o paso do drama ao teatro: a partir do sentido interpretado nun texto ficcional construído a través de signos verbais (drama) e comunicado de xeito diferido, pode elaborarse un texto que exprese o mesmo a través de signos múltiples e simultáneos de carácter audiovisual (teatro ou espectáculo teatral) con intención de ser comunicado de xeito copresencial.

 

Para saber máis: Dole̬žel, Lubomír (1997) “La transducción literaria” en Historia breve de la poética, Madrid, Síntesis, páxs. 229-238.

Relacionado con