Escolar, teatro – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Escolar, teatro

Categoría:

Modalidade do teatro amador ou afeccionado realizado por rapaces e rapazas nos seus centros de ensino. Por extensión, ás veces denomínase así ao teatro non profesional feito por nenos e nenas fóra da escola.

O teatro escolar adoita ser unha actividade de formación non formal, vinculada ao desenvolvemento de competencias e destrezas transversais así coma ao fomento durante a infancia do gusto polo teatro e outras formas artísticas. Trátase tamén dunha actividade de animación con múltiples utilidades de carácter psicolóxico e sociolóxico.

 

Relacionado con