Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ollo do príncipe

Categoría:

Termo co que se coñece o punto de vista ideal do teatro á italiana, aquel que permite observar con total corrección a escenografía en perspectiva.

O ollo do príncipe, situado nun punto concreto do palco real que se correspondería coa posición da mirada dunha persoa sentada no centro (o asento do príncipe, figura en torno á que xira todo este modelo escénico e arquitectónico), era o lugar marcado para, desde el, situar en liña recta cara ao escenario o punto de fuga da escenografía en perspectiva do teatro á italiana.

Relacionado con