Concepto co que Antonin Artaud compara o teatro no seu libro O teatro e o seu dobre (1938).
Comparando o teatro coa peste, Artaud desenvolve unha parte importante da súa teoría do Teatro da Crueldade. Para el, o teatro debería ser coma unha peste na medida en que se espalla e o invade todo, pero tamén como praga con capacidade para extraer do ser humano os seus instintos primarios renovando así a propia vida a partir da morte.