Posmoderno, Teatro – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Posmoderno, Teatro

Categoría:

Teatro que recolle as ideas estéticas da chamada posmodernidade.

A miúdo identificada co teatro posdramático, a posmodernidade escénica implica como etiqueta unha vontade de situar historicamente (a partir da segunda metade do século XX e moi especialmente desde os anos oitenta) os movementos de ruptura a respecto do teatro clásico ou tradicional. Arrincando nos seus postulados teóricos da vangarda e do Teatro da Crueldade de Antonin Artaud, o teatro posmoderno tende a deconstruír os presupostos significativos do teatro aristotélico, como demostrou Jacques Derrida, para integrar no discurso escénico a provocación, a desmitificación e a ruptura dos vellos paradigmas sociais, políticos e estéticos propios da posmodernidade como movemento filosófico e estético.

 

Para saber máis: Badiou, Alain (1994) Rapsodia polo teatro. Breve tratado filosófico, Santiago de Compostela, Edicións Sotelo Blanco; Derrida, Jacques (1998) “El Teatro de la Crueldad y la clausura de la representación”, en La escritura y la diferencia, Barcelona, Anthropos, 318-349 (tamén versión en liña en Derrida en castellano https://redaprenderycambiar.com.ar/derrida/textos/artaud_1.htm [cons. Maio 2017])

Relacionado con