Ballet de corte – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ballet de corte

Categoría:

É un xénero  escénico  que xorde en Francia no S. XVI, importado dende Italia por Catarina de Medici, raíña consorte de 1547 a 1559, mecenas das artes e de espírito humanista. Combina música, danza, poesía e pantomima e foi un dos sinais de esplendor da corte francesa en espazos cortesáns, xardíns e pavillóns transformados con grandes escenografías onde antes se practicaba o xogo de pelota.

Ademais da súa paixón pola arquitectura, Catarina de Medici foi conseguindo transformar os espectáculos cortesáns e as festas foron incorporando progresivamente un maior coidado e dedicación na compoñente coreográfica e escenográfica, ata que se estableceu como xénero autónomo, bebendo principalmente da mitoloxía e da mestura de artes, dende a música vocal até a orquestral, o coidado deseño da indumentaria e unha historia con inicio nó e desenlace. A raíña foi unha grande anfitrioa en recepcións e cerimonias e grazas a este coidado foi considerada como unha destacada creadora de festivais por algúns historiadores. A propia Familia Real e os cortesáns bailaban nestes espectáculos, como se pode ver no retrato de Luís XIV en Le Ballet de la Nuit (1653), só co tempo irán aparecendo profesionais que formarán parte das coreografías e incluso acrobacias e funambulismos de meirande artificio.

Ademais da mitoloxía, outra temática que podía formar parte dos Ballet de corte era o amor pastoril, a burla e a política, principalmente con Luís XIV a quen se lle debe tanto o impulso coma o remate desta arte ao deixar de subvencionala ou para Luís XIII, para quen foi un importante instrumento propagandístico. 

Relacionado con