Bulevar, Teatro de – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Bulevar, Teatro de

Categoría:

Termo procedente da historiografía teatral francesa co que se identifica o teatro burgués que, a mediados do século XVIII, se exhibe no Boulevard du Temple, rúa parisiense situada daquela fóra do perímetro da cidade no que cumpría pagar dereitos de exhibición á Comédie Française ou á Ópera. A rúa, chea de teatros nos que se vai desenvolver o xénero do melodrama e o vodevil, convértese no referente do teatro comercial, e por extensión, o concepto teatro de bulevar é sinónimo deste.

.

Relacionado con