Drama romántico – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Drama romántico

Categoría:

Xénero dramático con profusión na Francia e Alemaña de finais do S. XVIII e XIX e que presenta situacións fantásticas e espazos exóticos, misteriosos e sombríos ou macabros, mesmo.

En Alemaña, o movemento “Sturm und Drang” amosa esa carácter paixonal e exaltado do drama efectista, de personaxes normalmente planos. O drama romántico agradece a capacidade de pasar do cómico ao desgarrador, do lixeiro ao profundo e terrible, o destino ou o apaixonamento. Algunhas características importantes deste xénero, cultivado entre outros escritores por Victor Hugo, son no nivel formal a mestura de xéneros, a versificación e o rexeitamento das tres unidades clásicas e a nivel temático ou de ambientación a preferencia por lendas medievais, as historias locais, a liberdade, a intriga ou a natureza violenta (naufraxios, tormentas, etc.)

A estética romántica do drama foi concibida por Víctor Hugo como unha ambición totalizante, en reacción contra o mundo ben organizado polos clásicos e contra o ostracismo que pesaba sobre demasiados temas. Nestas palabras se expresaba o propio autor: “Sería a mestura no palco de todo o que na vida está mesturado […] Sería o riso, as bágoas, o ben, o mal, o alto, o baixo, a fatalidade, o xenio, o acaso, a sociedade, o mundo, a natureza, a vida.”

Relacionado con