Ritual, Teatro – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Ritual, Teatro

Categoría:

Teatro que emprega o rito como fonte nun proceso de posta en escena que bebe deses actos cerimoniais, agrarios ou de fecundidade, onde a orxía, a procesión, o sacrificio, o carnaval ou o ditirambo posúen unha especial relevancia.

O teatro ritual que pervive nos nosos días ten en conta eses elementos parateatrais do vestiario, dos obxectos simbólicos, da sacralización do espazo ou do papel e características especiais do actor con características eficaces para a trascendencia do proceso colectivo que se quere levar a cabo, chamánicas, de guía, na comunidade. O rexeitamento do teatro burgués e da palabra, a nostalxia da orixe chamánica, da danza, da mímica e da creación específica dun lugar sagrado de oficio dun evento cun novo concepto de división participativa entre actores e espectadores, leva a directores de escena coma Artaud, Grotowski ou Peter Brook a considerar o teatro como unha actividade conectada con ese espazo de comuñón, eucarístico e, polo tanto, ritual.

Relacionado con