Bululú – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Bululú

Categoría:

Especie de xograr de orixe galega, localizado a finais do século XVI. O oficio deste artista polifacético dedicado ao divertimento durante a Idade Media e o Barroco foi retratado na obra para público familiar de Roberto Vidal Bolaño Touporroutou da lúa e do sol, que neste caso ficciona as aventuras da suposta primeira muller bululú galega, Catarina de Siena. Outras referencias na literatura dramática galega a este artista solitario e de vida nómada son A farsa de Bululú, de Manuel María ou O Bululú do linier de Cándido Pazó.

Aínda que se considera un intérprete de pezas breves, coma a loa ou o entremés, localizado no século XVI, a súa orixe ten unha clara conexión coa actividade xograresca medieval e coa tradición faranduleira renacentista.

O bululú é tamén un tipo de compañía de título, formada por dous actores, propia do teatro barroco en España.

Relacionado con