Kiogen – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Kiogen

Categoría:

Xénero teatral xaponés cuxo nacemento se rexistra no século XIV e que se presentaba como un interludio entre os actos do teatro noh coa finalidade de distensión. Trátase dunha comedia, sátira ou absurdo de carácter popular.

Nas representacións do kyogen, de gran sinxeleza (con escasos medios de atrezzo coma un abano ou unha caixa cilíndrica, entre outros, que poden simbolizar varios obxectos), os actores demostran unha serie de habilidades tanto na expresión facial, ao non usar máscara, como na realización de onomatopeas ou movementos de animais.

Coma no noh a interpretación dos papeis é realizada exclusivamente por homes, e será a indumentaria (un tocado na cabeza de cor branca) a que indique que se trata dun personaxe feminino.

Relacionado con