Patético, lance – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Patético, lance

Categoría:

Aristóteles fai referencia a este concepto na súa Poética como a terceira parte do argumento da traxedia, despois da periperia e o recoñecemento. Di: “O efecto patético consiste nunha acción destrutiva ou dolorosa, como as mortes en escena, as manifestacións de dor, as feridas e cousas polo estilo”.

Estes eventos ou sucesos latentes que cambian o sentido da acción refírense, na maioría dos casos, a actos que non se poderían representar aos ollos do público por non respectaren as regras do decoro e polo tanto provocar unha crise social inacepable. O estudoso Fernando González Muñoz indica que “este elemento resulta capital para remarcar a idiosincrasia do xénero tráxico fronte ao cómico, por canto é un dos principais medios para provocar a mágoa e o horror.”

Relacionado con