Agón – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Agón

Categoría:

Termo pertencente á literatura dramática grega clásica que fai referencia ao conflito verbal, á contenda ou ao debate establecido entre dous personaxes, normalmente protagonista e antagonista.

Trátase dunha convención formal presente sobre todo no xénero cómico e que, por extensión semántica, tamén puido ser empregado nalgún momento para facer referencia ao conflito dramático dunha obra. O coro, axustándose ás súas funcións habituais, podía participar do agón, a modo de conselleiro ou de xuíz do asunto tratado entre personaxes.

Relacionado con