Parábase – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Parábase

Categoría:

Procedemento dramático da Comedia Antiga grega, na cal o autor pon en boca dos personaxes do coro diversas intervencións relacionadas coa realidade social da época, sobre o tema ou temas tratados na comedia ou algunha vinganza, denuncia ou crítica que o dramaturgo desexa facer en relación coa súa vida pública. Neste sentido, n’As Avespas, de Aristófanes, podemos ver o enfado do comediógrafo e o insulto de reproche ao público polas malas consideracións cara a unha obra súa nun certame.

A parábase pode funcionar coma un preludio, pero nas súas intervencións o coro acostuma compaxinar partes cantadas e partes faladas e cunha pasaxe final que debería ser expresada cun ritmo rápido, seguindo o concepto do pnigos  grego, que podería significar algo semellante a “afogado”, polo carácter do ritmo e por resumir rapidamente todo o importante dito previamente.

Relacionado con