Forma propia da polifonía discursiva que xera especificidades semántico-pragmáticas na construción dos textos. O dialoxismo é o fundamento discursivo do teatro como formulación enunciativa na que unha parte da mímese está referida á reprodución da comunicación lingüística humana, xerando a sensación de multiplicidade de voces, así coma a confrontación entre o discurso da recepción e as súas propias expectativas.