Semiotización – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Semiotización

Categoría:

Proceso polo cal un signo experimenta unha traslación ou readxudicación do seu significado. Na posta en escena, sempre se dá un proceso de semiotización debido á iconicidade do signo escénico que, debido á súa característica esencial da artificialización, nacen como signos de antemán semiotizados (signo de signo), cuestión esencial para a xustificación do pacto escénico. Isto non exclúe a posibilidade de que, en virtude da mobilidade tamén propia do signo escénico, poida producirse unha semiotización en segunda instancia, interesante para a consecución de efectos simbólicos, metafóricos ou, simplemente, para a economía sígnica.

Relacionado con