Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Artificialización

Categoría:

Procedemento semiótico polo cal un signo pode ser desposuído do seu sentido real inicial para atribuírlle outro sentido, produto da súa reubicación nunha nova situación comunicativa ou da acción creativa sobre o seu feixe de significados, connotacións e denotacións.

Para Jiri Veltruski, o principio de artificialización está presente en todo signo escénico, pois a exhibición en escena funciona como mecanismo capaz de resemiotizalo, converténdoo en signo de signo.

 

Relacionado con