Espazo diexético – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Espazo diexético

Categoría:

Lugar ou lugares nos que se sitúa a historia ou fábula e nos que acontecen as accións dos personaxes. Non debe confundirse nin co espazo escénico nin co espazo dramático.

Por exemplo, na obra de Teresa Moure Unha primavera para Aldara, premio Rafael Dieste 2008 e estreada por Teatro do Atlántico en 2009 baixo a dirección de Xulio Lago, o espazo diexético son as distintas estancias dun convento feminino medieval.


Unha primavera para Aldara
Foto: Arquivo de Teatro do Atlántico

Relacionado con