Dilema – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Dilema

Categoría:

Disxuntiva ante a cal se atopan os personaxes, especialmente os heroes na traxedia clásica, nunha situación habitualmente climática e na cal se ven obrigados a escoller entre dúas solucións que poden ser equivocadas, ou ambas inaceptábeis, e que reforzan o destino tráxico ou o pathos, sufrimento e  infortunio do personaxe.

O dilema pode presentar dúas situacións contraditorias e polo tanto, tamén está relacionado co conflito dos personaxes no drama. Nel poden desenvolverse principios morais e políticos ou a complexidade do personaxe no comportamento ante situacións decisivas, así como a súa integridade e coherencia, o seus impulsos e a funcionamento da forza do deber fronte a outros impulsos condutuais.

Segundo o pensamento hegeliano, no dilema, ambos lados da oposición teñen razón pero só se pode realizar o verdadeiro contido da súa finalidade negando ou ferindo ao outro poder, que ten exactamente os mesmos dereitos, facéndose así culpábeis na súa moralidade e por esa mesma moralidade.

Relacionado con