Encyclopedia – Páxina 16 – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Teoría teatral

Disciplina de coñecemento que estuda a teatralidade en todas as súas manifestacións, propoñendo métodos e conceptos para a súa definición, análise, explicación, descrición, interpretación e crítica.

Terror

Vid. Horror

Tertulia

Vid. Curral de comedias

Tetraloxía

Conxunto de tres traxedias e un drama satírico, compostas por un mesmo autor, interpretadas polos mesmos actores e coas que se presentaban a algún concurso na Grecia Clásica, ao ser requisito este formato para a festividade.

Texto dramático

Conxunto de signos lingüísticos que xeran unha unidade de sentido na literatura dramática. O texto dramático, como estrutura do drama ou literatura dramática, constrúese a través da dobre enunciación como artificio que permite diferencialo doutras modalidades literarias, así coma dotar dun sentido a súa suposta finalidade escénica, de tal xeito que os parámetros espazo temporais […]

Texto escénico

Conxunto de signos escénicos que, expresándose a través dos códigos propios da posta en escena, xeran unha unidade de sentido que se identifica coa esencia do espectáculo. O texto escénico ou espectacular, como estrutura do teatro ou da posta en escena, constrúese a través do emprego do signo escénico artellado dun xeito complexo en códigos que […]

Texto espectacular

Vid. Texto escénico

Texto secundario

Vid. Didascalia

Theatron

Termo grego (θέατρον) que significaba “lugar para ver” e que pasou a denominar os teatros gregos tal como se formularon inicialmente.

Theologeion

Parte do teatro grego situada no primeiro nivel da skené e que estaría reservada para a presenza de personaxes que representasen a divinidades.

Trama

Vid. Argumento

Trámex

Vid. Grella  

Transdución

Proceso de transformación dun tipo de texto noutro expresado a través duns signos de natureza diferente do primeiro.

Traxedia contemporánea

Tipo de texto dramático da actualidade que trata problemáticas e personaxes en situacións sociopolíticas do noso tempo que teñen algúns trazos característicos vinculábeis ás características esenciais da traxedia como xénero tal como o explicou Aristóteles. O heroe ou protagonista da traxedia contemporánea segue realizando accións que seguen a xeran conflito e un erro tráxico, unha hybris, un recoñecemento e produce finalmente un efecto de catarse.

Traxicomedia

É un dos grandes xéneros teatrais, que nace no teatro romano e mestura elementos grotescos, cómicos e tráxicos.

Tres unidades, Regra das

Precepto propio do clasicismo formulado con intención de garantir, na elaboración da literatura dramática, o respecto á interpretación normativa da Poética de Aristóteles do século XVII. Así, partindo da importancia dada por Aristóteles á unidade de acción, estabelécese a necesidade de respectar as unidades de tempo e de lugar.

Unidade de acción

Vid. Aristotélico, Teatro Vid. Regra das tres unidades

Unidade de lugar

Vid. Regra das tres unidades  

Unidade de tempo

Vid. Regra das tres unidades  

Verfremdungseffekt

Vid. Distanciamento, Efecto de

Verosemellanza

Vid. Verosimilitude

Verosimilitude

Procedemento compositivo polo que todos os acontecementos da acción resultan posíbeis dentro do seu propio argumento, que, ao estruturarse segundo unha lóxica interna derivada da interconexión causal e necesaria de todos os feitos amosados ou relatados, constrúe os seus propios parámetros de credibilidade. Por extensión, é o procedemento compositivo que xera no público ilusión de realidade.

Zanni

Vid. Commedia dell’arte