Movemento artístico das vangardas que xorde en Alemaña a comezos do século XX como reacción ao Naturalismo.
Este movemento artístico ten unha especial relevancia no teatro independente español, pois permitía distinguirse e facer un tipo de teatro aos grupos independentes fronte ao costumismo e naturalismo declamatorio de moitos grupos de cámara ou das compañías de teatro comercial.
A posta en escena expresionista caracterízase polos seguintes puntos:
- O decorado rompía o equilibrio e proporción clásicas. As liñas e planos inclinados e asimétricos pretendían transmitir a tensión do texto.
- Toda a maquinaria ou artificio era rexeitado para non distraer as liñas de forza do espectáculo e impedir que o público entre no mesmo. Moi características foron as escaleiras estilizadas que se empregaron no cinema alemán e que levaron o nome de “Jessnertreppe”, en homenaxe ao seu autor, Leopold Jessner.
- Rómpese a harmonía realista. A crispación e a tensión de movementos nun ambiente intranquilo son atmosferas habituais, para crear axitación e conmover ata a angustia. A abstracción do ser humano acostumaba realizarse mediante o uso habitual de máscaras ou maquillaxes moi esaxerados e cargados.
- Impúxose o uso da cámara negra e a nivel lumínico traballouse moito o contraste de luz e sombra e liñas lumínicas sobre fondo neutro.
- Empregábanse moitos ruídos, silencios prolongados e o timbre como elemento expresivo cerebral e irracional. Tamén a inspiración tímbrica como pescuda abstracta.
Relacionado con