Cámara negra – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Cámara negra

Categoría:

Aforamento do escenario mediante o uso dun pano de fondo, patas ou bastidores, bambolinas e bambolinón, normalmente de cor negra e na actualidade de tea ignifugada debido á seguridade e normativa dos espazos.

Inicialmente, as teas estaban elaboradas a base de veludo negro pola súa capacidade de absorción da luz e na actualidade óptase por outro tipo de materiais sintéticos e naturais que cumpren as mesmas funcións. A cámara negra pode, por si mesma, crear un espazo escénico sobrio ou pode ser simplemente unha disposición do tear para esconder as entradas e saídas dos intérpretes no escenario ou para ocultar ao ollo do espectador as paredes do edificio, o cableado, as estruturas e o material lumínico e sonoro.

Relacionado con