Luces de proscenio – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Luces de proscenio

Categoría:

Luces de proscenio que se colocan en fila horizontal para crear unha iluminación ambiental e eliminar as sombras dos rostros dos actores e actrices. Orixinalmente eran candís, por iso algunhas linguas coma o castelán conservan a raíz na súa denominación actual, candilejas.

Ao longo da historia, tamén se empregaron candeas, lámpadas de aceite, mechas de gas ou lámpadas eléctricas xa en épocas máis recentes. Á vista dos espectadores, as luces estaban tapadas por algún obxecto coma unha cuncha de vieira ou calquera outro elemento decorativo, coa finalidade de non cegar o ollo da audiencia e dirixir a emisión de luz cara ao escenario.

Como nos recorda Antonio López-Dávila, este termo tamén foi e pode ser empregado para referirse ao foco de procedencia da luz: “xa no S. XVII o tratado de Nicola Sabbatini Pratica di fabricar escena e macchine ne Teatri exponnos as posicións onde se poden situar as fontes de luz: as candilejas, que é a luz baixa colocada no proscenio, as diablas, que é a luz que procede de arriba, e as laterais, ocultas polos bastidores”.

 

Relacionado con