Drama por estacións – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Drama por estacións

Categoría:

Xénero propio do teatro expresionista que, na busca da ruptura coa estrutura clásica do drama organizado en actos, organiza a trama a través de sinxelos cadros ou pequenas escenas que van poñendo en relación os distintos personaxes da peza. Eses cadros (as estacións) xustapóñense de xeito relativamente independente, alternando monólogos que só teñen forma de diálogo no devir da peza, de maneira que conforman a unidade do drama só cando este está totalmente rematado, de xeito que a fragmentaridade esixe unha lectura activamente reconstrutiva.

Atribúese a August Strindberg a experimentación inicial con este xénero na triloxía Cara a Damasco (1898-1904) e, algo despois, en O soño (1902), pero é o expresionismo teatral o que máis o cultivou, con autores coma Georg Kaiser en Do amencer a media noite (1912) ou Ernst Toller, en A transformación (1919).

 

 

Relacionado con