Cohesión – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Cohesión

Categoría:

Feito provocado por calquera código de significación ou por un signo no carácter polifónico da escena e do texto dramático, que trae consigo a homoxeneización e a capacidade de integración ou reforzo da unidade formal.

A cohesión e o contraste son principios básicos da composición escénica, pois cando se logra unha determinada atmosfera estética, estilística ou gramatical nunha peza grazas á cohesión, a introdución dun elemento contrastivo provocará diversos efectos cómicos ou sorpresivos nun espectador que adquirirá un rol máis activo. Para realzar a unidade e a cohesión na composición escénica, investigadores como Agapito Martínez Paramio indican que son importantes dous factores: a similitude e a repetición.

Relacionado con