Empresa teatral – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Empresa teatral

Categoría:

Entidade para a produción de espectáculos teatrais ou escénicos.

Unha empresa teatral é unha compañía profesional de teatro que, desde o punto de vista produtivo e económico, aspira a maximizar o beneficio das persoas que invisten nela. Caracterízase porque está dada de alta como organización produtiva nas institucións para a facenda pública e, por tanto, paga as súas correspondentes cotizacións polos ingresos á Facenda, e á Seguridade Social polos seus traballadores e traballadoras.

En 2016, había en Galicia 1741 empresas que respondían ao epígrafe “Actividades de creación, artísticas e de espectáculos”, tal como recolle o Instituto Nacional de Estatística seguindo a clasificación de epígrafes da Axencia Tributaria. Delas, e segundo o Centro de Documentación Teatral do Instituto Nacional das Artes Escénicas e Musicais, 228 serían compañías de teatro, e 88 serían empresas dedicadas á produción de danza.

 

Relacionado con