Folla de recadación – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Folla de recadación

Categoría:

Documento que elabora un teatro, unha sala, un festival ou calquera outro espazo de exhibición de espectáculos, no que se reflicten os datos de asistencia en número total de espectadores, total de ingresos por venda de entradas e estruturación do tipo de entradas: xeral, con desconto, convite, etc.

A folla de recadación debe conter os datos de cada representación e debemos saber que cada espectáculo poder variar os resultados finais aínda realizándose nun mesmo espazo debido ás características técnicas da posta en escena que obriguen a reducir o aforo ou a limitalo para garantir unha correcta visibilidade e comodidade do público.

Francisco Oti explica o protocolo habitual para a elaboración deste documento na xestión e organización dos espazos escénicos: “documento onde deben figurar os seguintes datos: a entidade que programa, o espazo onde se programa, o responsable da programación, o representante da compañía e o/s responsable/s directo/s da venda de entradas”. Da folla de recadación emítense polo menos tres copias: unha para a SGAE (Sociedad General de Autores de España, entidade encargada de xestionar os dereitos de autor), outra para a entidade programadora e a terceira para a compañía.

Relacionado con