Forma de exhibición teatral na que a compañía opta por desprazarse aos distintos espazos en que terá lugar cada función. É habitual en contextos en que a poboación é dispersa coma Galicia, e onde os teatros afectan a unha masa crítica reducida. É tamén a fórmula propia de sistemas teatrais onde non se optou por mercados con formas de distribución non estábeis coma o sistema de compañía residente ou a programación intensiva nun único espazo (proxecto de estabilidade).
En Galicia tense denominado á itinerancia “estética da furgoneta”.