Caché – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Caché

Categoría:

Contía económica estipulada entre unha compañía ou grupo teatral e o representante legal, persoa física ou xurídica dun espazo de exhibición, para a compensación polos servizos prestados polos primeiros nun espazo e período de tempo limitado. O prezo pode variar en función do número de representacións contratadas e doutros servizos ou necesidades que poden estar incluídas ou non, como son os gastos de transporte, aloxamento, dietas de manutención, cobertura técnica e persoal para a carga, descarga e montaxe da escenografía.

Tamén nos podemos referir con este termo ás condicións económicas que estabelece o persoal artístico a título particular ou a través da súa persoa representante, de modo xenérico ou para a realización dunha determinada obra, á marxe dos marcos salariais que se poidan establecer nesa categoría artística dos convenios sectoriais, se existisen.

Esta é a forma maioritaria de contratación de espectáculos no noso sistema teatral, se ben tamén existen outras prácticas coma a contratación “a billeteira” ou contratación mixta, na cal non existe unha cláusula que prefixe unha compensación económica pechada, senón que esta sexa creada a partir da recadación da venda de entradas de cada función.

Relacionado con