Programadora, Programador – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Programadora, Programador

Categoría:

Persoa que se ocupa da programación dun espazo ou casa do teatro e que pode ter diferentes graos de especialización e adicación dependendo do carácter público ou privado da entidade xestora ou da relación de postos de traballo da adminstración que o contrata.

No estado español non existe un perfil profesional establecido nin un regulamento colexiado, polo que esta é unha definición máis descritiva ca prescritiva. O posto de programador pode ser adxudicado por concurso público ou por adxudicación directa no ámbito público, con carácter indefinido ou temporal e as posibilidades de inxerencia nun proxecto a longo prazo poden verse afectadas por decisións máis ou menos dialogadas e máis ou menos beneficiosas para a consolidación e frutificación dos obxectivos e das accións vinculadas a estes por parte da persoa programadora. Ao non haber ata o momento unha regulamentación específica, nin tan sequera un código xeral de boas prácticas de obrigado cumprimento, este elo dentro da cadea do sistema teatral, tan relevante por servir de ponte entre a esfera da creación e o público,  pode resultar o menos coidado dende o punto de vista da profesionalización do sector.

Para unha reflexión arredor das tarefas concretas da persoa programadora, vid. Programación.

           

Relacionado con