Poiese – Termos Escénicos

Termos Escénicos

Dicionario Enciclopédico

Poiese

Categoría:

Do grego poiesis (ποιησις) “creación”, está na orixe da palabra poesía e, daquela, da poética como disciplina que estuda o proceso de creación literaria a través dunha serie de técnicas concretas sobre as que se teoriza.

Aristóteles, na súa Poética, entende a poiese coma o proceso polo cal, seguindo unhas técnicas propias da arte poética, se elabora a mímese de accións a través de diversos medios (palabra, ritmo e melodía), cuns determinados obxectos (superiores, semellantes ou inferiores) e dun determinado xeito (dramaticamente, narrativamente ou no modo directo). Polo tanto, desde a Antigüidade, o teatro é considerado unha forma poética ou de poiese, como demostra Aristóteles constituíndo a base dunha tradición teórica que vincula a poiese coa creación de ficción e que se desenvolverá no que chamamos teatro aristotélico.

Relacionado con